O Asorey no acelerador de partículas de Xenebra
11 Marzo 2015
Un grupo de alumnas e alumnos de bacharelato do noso centro fixeron unha viaxe a Suíza e Francia na que visitaron varias cidades e lugares de interese.
A estrela da viaxe foi a visita ao Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN) onde se atopa o acelerador de partículas, un lugar onde se desenvolven as máis avanzadas investigacións no mundo da física.
En próximos números farannos chegar as súas impresións e experiencias.