O Asorey na Atlantic Workshop

10 Decembro 2012
equipo Toxa

Expertos internacionais volveron a elixir A Toxa para poñerse ao día en políticas enerxéticas e ambientais. As enerxías renovables terán un papel destacado nun encontro que chega á súa quinta edición. Convertido xa nunha cita de referencia para a discusión e o debate sobre investigacións en enerxía e cuestións ambientais, o Atlantic Workshop on Energy and Environmental Economics (AWEEE) celebrouse este ano o 25 e o 26 de xuño na illa da Toxa. Foi xa a súa quinta edición e, por primeira vez dende a súa aparición, o encontro non tivo unha temática específica, unha medida que puxeron en marcha para non restrinxir os traballos que puideran presentarse, “sempre e cando pertenceran ao campo da economía enerxética e ambiental”

Expertos internacionais en diversas áreas impartiron tres leccións e unha mesa redonda sobre os desafíos enerxético-ambientais aos que se enfronta a sociedade actual. “Iso fai que, aínda que non formalmente, o workshop teña unha temática relativamente definida e que este ano discorrera en torno ás enerxías renovables e a definición e análise de políticas enerxéticas e ambientais”.

A gran novidade neste evento foi a participación dun grupo de alumnos de 1º de Bacharelato do IES Francisco Asorey (actualmente son todos/as de 2º de bacharelato) que coordinados por un profesor do Departamento de Bioloxía, entrevistaron a diferentes expertos internacionais no campo da economía e da enerxía,  asistentes a este  evento de A Toxa. A Fundación Barrié, patrocinadora deste congreso, deu a oportunidade ao noso centro de participar nun encontro que é a vangarda mundial sobre temática económico ambiental. O resultado do noso traballo poderá ir véndose en próximas edicións de A Buxaina.

See video