O apalpador
Nalgunhas comarca da montaña galega (O Courel, Ancares, Trives...) existía e figura do Apalpador, un carboeiro xigante, un persoaxe imaxinario que na noitevella apalpaba as barrigas dos rapaces e rapazas para comprobar se estaban ben alimentados. Deixáballes castañas e outros agasallos.
Recollemos o relato de Aurora, profesora de galego natural de As Nogais:
“Na noite de Ano Vello sempre se praparaba unha mesa con todos os detalles e cos mellores alimentos ao alcance da época. A miña nai conta que poñían na mesa mantel de estopa que daquela só se usaba en raras ocasións. Todo se dispoñía para comer e beber ben e gozar da noite en familia.
Pero había un ser máxico que trincaba un pouco a noite, tratábase do apalpador que, segundo dicían, viña a apalpar as barrigas daqueles que cearan de máis. Os nenos estaban convencidos da súa existencia polo que se debatían entre cumprir os desexos do estómago ou evitar ser apalpados por ese ser estrano.
Eu non sei se coidei o que inxería ou se excedía o cupo do Apalpador nunha noite de tanto traballo. O feito é que nunca observei a súa presenza, pero sigo tendo moito coidado”.
Hoxe é día do Nadal,
día do Noso Señor
ide logo para a camiña
que vai vir o Apalpador.
Hoxe é día do Nadal,
vai neniño para a camiña
que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña...