O aire e as máquinas
O aire pode ser aproveitado de moitas maneiras para facer funcionar diferentes tipos de máquinas e aparellos
A forma máis antiga de aproveitamento da enerxía do aire son os barcos de vela e os instrumentos musicais. Logo apareceron os muíños e as bombas de auga.
Actualmente a enerxía do vento úsase fundamentalmente para xerar corrente eléctrica e impulsar embarcacións. A maioría dos avións modernos levan motores a reacción. Uns ventiladores na parte dianteira do motor absorben o aire que logo se comprime nunhas turbinas e se mestura co combustible. Os gases quentes que se producen na combustión saen cara atrás e impulsan o avión cara adiante. O aire pode ser comprimido en pequenos espazos e aproveitalo como fonte de enerxía para facer funcionar distintos aparellos como martelos, armas ou tornos.