As nubes
2 Febreiro 2012
As nubes forman parte da paisaxe, unhas veces énchena de cor e outras escurecen o ceo e semella que nos van cair enriba. O coñecemento das nubes axuda a predecir o tempo.
As nubes son masas de vapor de auga condensado que se forman cando o aire húmido é elevado polas correntes verticais creadas como consecuencia das diferencias de temperatura. Cando este aire acada a altura suficiente, ao diminuir a presión espándese e enfría convertindo a humidade en pingas diminutas que se condensan arredor das partículas que as acompañan e fanse visibles. As máis escuras están formadas por partículas de xeo.
Neste traballo feito polo alumnado de1º de ESO no ano 2010 podedes ver os diferentes tipos de nubes e a súa relación co tempo.