Novos descubrimentos
Todd Yeates, profesor de química e bioloxía na Universidade de California (UCLA) foi quen de crear a “gaiola” molecular sintética máis grande ata agora mediante moléculas proteicas que se autoensamblan entre si.
Yeates xa tratou de construír estruturas de proteínas complexas tales coma esta dende que se publicou a investigación sobre as proteínas de autoensamblaxe en 2001. No ano 2012, deu feito unha gaiola molecular a partir de 12 pezas de proteínas combinadas perfectamente, coma se fosen simples pezas dun crebacabezas. A día de hoxe, lograron facelo con 24 pezas, e están intentando deseñar unha gaiola molecular con 60. Canto maior tamaño, máis carga poderían levar.
En principio, estas estruturas moleculares deben ser capaces de transportar cargas que poidan ser liberadas no interior das células.
O cubo molecular creado ten un tamaño cento de veces máis pequeno ca unha célula humana. É poroso, e con grandes aberturas que permiten a outras grandes moléculas de proteínas entrar e saír.
Este contedor nanométrico, podería ofrecer unha forma de subministrar algúns medicamentos directamente no interior de células humanas, e tamén conducir ao desenvolvemento de vacinas sintéticas. As vacinas provocarían unha forte resposta do sistema inmune do corpo e quizais proporcionaría unha mellor protección contra outras enfermidades coma a gripe, a SIDA… Ademais inspiraría ao deseño de novos materiais nanoestruturados.