Un novo temporal arrasa as costas galegas

O séptimo temporal forte deste inverno
5 Marzo 2014
temporal

O mal tempo estragou as festas do entroido e levouse por diante paseos marítimos e estradas.

Toda a costa galega resultou afectada polo temporal “Cristina”, desde a Garda ata Ribadeo. En Malpica os refachos de vento superaron os 112 km/h, en Cedeira acadáronse os 110 km/h e no cabo Vilán as ondas acadaron os 12 m de altura. O peor momento foi pola tarde ao coíncidir o temporal coa marea alta. Nalgúns lugares (A Coruña, San Cibrao, Baiona, Malpica, A Garda, Foz…) o mar entrou nas rúas e incluso en vivendas e comercios. O faro de San Cibrao rompeu polos golpes da ondada. Houbo desprendementos que pecharon estradas, pedras nas rúas da beira do mar, barcos afundidos e algunha vida perdida.

 

http://www.telecinco.es/informativos/sociedad/temporal-Galicia-Riazor-Baiona-olas-destrozos_2_1757730201.html