Novembro (2015)

6 Novembro 2015
novembro mencer

Outubro é o décimo mes do ano e ten 31 días. O seu nome deriva de ser o oitavo mes do calendario romano.

No campo recóllese o millo, hai pocas verduras nas hortas pero é tempo de coles, acelgas, brécol, coliflor... tamén hai froitas como laranxas, mandarinas, caquis, kiwis... É tempo de cebar os porcos.

Na nosa zona hai uns anos facíase a esfolla do millo. Pañábase o millo e polas noites xuntábase a xente para limpar as espigas, ao rematar facíanse festas, cantábase e bailábase.

Algúns refráns recollidos en Cambados fan referencia aos traballos deste mes: “Polo Pilar, nabos á terra e viño a envasar”, “A verdura de San Simón da para o seu dono e máis para o ladrón”, “Outono a chegar, porco a cebar”.

Non foi un mes moi estable, houbo algunha alerta laranxa e bastantes desfeitas por toda Galicia con enchentes e temporais de vento. O peor día foi o 4 con refachos de vento de 89,06 km/h. Choveu 14 días e recolléronse 166,4 litros. A temperatura máis alta rexistrouse o día 17 (26,3 ºC) e a máis baixa o 2 (9,41 º C).

O último fin de semana prodúcese o cambio horario, atráse o reloxo unha hora.