Novembro (2014)
O nome deste mes noveno, polo lugar que ocupaba no antigo calendario romano. Ten trinta días e é um més típico do outono.
Seguen caendo as follas das árbores, maduran os froitos dos érbedos, dentes de león..., florecen as camelias. Seguen chegando aves do norte a invernar, chegan as angulas do Mar dos Sargazos, emparéllanse os lagartos das fontes e moitos animais entran no descanso invernal.
No campo tritúranse as terras do millo e pódanse as viñas. No mar péscanse centolos, camaróns, zamburiñas... É tempo de matar os porcos.
Comeza o mes coa tradición de visitar os cimeterios, tamén é tempo de facer magostos e xogar aos trompos.
Este novembro choveu 24 días e recolléronse 263,2 litros. O día de máis chuvia foi o 3, con 48,7 litros. A velocidade media do vento foi de 15,48 km/h, cun refacho máximo de 106,49 km/h o día 13. A temperatura media foi de 12,79 ºC, rexistrándose a máxima o día 21 (20,10 ºC) e a mínima o día 29 (4,78 ºC).