Novembro 2013
Novembro é o undécimo mes do ano, aínda qu o seu nome significa noveno, polo lugar que ocupaba no antigo calendario romano.
Ten trinta días. É un mes típico de outono, no que as horas do día se van acurtando e o tempo vai arrefriando.
Seguen caendo as follas das árbores, maduran os froitos dos érbedos, dos dente de león... Florecen as camelias, os eucaliptos, os chuchameles...
Seguen chegando aves do norte a invernar e veñen as angulas do Mar dos Argazos. Emparéllanse os pintafontes.
No campo é tempo de triturar as terras do millo e comézase a poda das viñas. Remata a fermentación do viño.
No mar péscanse centolos, camaróns, zamburiñas...
E o mes tradicional para matar os porcos “Polo San Martiño, mata o teu porquiño”, de facer magostos e de xogar aos trompos.
O tempo deste mes foi moi variable. Os primeiros dís choveu sen parar e despois baixaron as temperaturas e veu vento do norte. Caeron 127,8 l/m2 de chuvia, durante onde días e o máis chuvioso foi o día 2, con 27,8 l/m2. O día de vento máis forte foi o 25, cun refacho de 42,8 km/h. O día máis frío foi o 29 (1,34 ºC de mínima) e o máis quente o 13 (18,86 ºC de máxima). As horas de luz dos días diminuíron en 60 minutos.