Novembro 2011
Novembro é o undécimo mes e ten trinta días. O nome significa noveno, polo lugar que ocupaba no antigo calendario romano.
Seguen caendo as follas de moitas árbores, florecen os eucaliptos e as canelas, maduran os froitos das xilbarbeiras e as esporas dos brións e dos fentos. Abondan os cogomelos. No Umia vense moitas aves acuáticas.
Nos campos a xente está podando as viñas.
O tempo está máis fresco, choveu bastante e producíronse as primeiras xeadas nas zonas máis altas. Nas montañas de Galicia comezou a nevar.
As horas de luz diminuíron 51 minutos.
Algúns refráns:
-Se queres ter allo fino prántao no Sanmartiño
-No San Martiño xa se coñece o bo viño
-Polo San Martiño mátase o porco e próbase o viño
-A todo porquiño lle chega o seu Sanmartiño
-Por San Martiño, trompos ao camiño
-Por San Andrés, trompos outra vez.