Novembro
O nome de novembro significa noveno, polo lugar que ocupaba no antigo calendario romano.
Seguen caendo as follas das árbores, maduran os froitos dos érbedos, dente de león... comezan a florecer as camelias. Seguen chegando aves do norte a invernar e emparéllanse os lagartos das fontes.
No campo tritúranse as terras do millo, pódanse as viñas…
É tempo de matar os porcos e de pescar centolos, camaróns, zamburiñas...
O mes ten trinta días, que cada vez se fan máis curtos (diminuíron 51 minutos)
O día de máis calor foi o 15, con 20,99 ºC, e o día de máis frío o 28, con 4,28 ºC.
O refacho de vento máis forte foi de 75,13 km/h, o día 7. Choveu 22 días
En Galicia consérvanse moitas tradición como visitar os cimeterios, pedir o defuntiño e poñer cabazas talladas con velas no interior, facer a matanza do porco ou o magosto.
O xogo típico deste mes é o dos trompos ou buxainas
“San Martiño, trompos ao camiño”