As nove ondas

Xea
5 Septembro 2011
nove ondas

O último domingo de agosto celébrase na Lanzada a romería da Virxe á que están asociadas antigas tradicións relacionadas coa fertilidade.

As mulleres toman un “baño de nove ondas” purificadoras que presuntamente as curará da esterilidade. Contan que tamén protexen contra o “meigallo”, “os feitizos” e o “mal de ollo”. Temén se varre o altar para protexerse destes males.

O baño debíase tomar en coiro ou, segundo outras testemuñas, en camisón, á medianoite. Outra tradición é a de realizar ofrendas florais nunha rocha chamada o “berce da Virxe” e hai quen dí que hai que practicar alí o sexo para quedar preñada.

A orixe destes ritos é descoñecida. Moitos autores relaciónana co beneficio dos baños purificadores e sanadores do solsticio de verán, unha crenza estendida por toda Europa e documentada na noite de San Xoán e da Ascensión en moitos lugares de Galicia.

berce Virxe

A romería da Lanzada adquiriu sona, sobre todo, desde o século XIX en que aparece amplamente documentada a tradición dos baños de fecundidade. 

Ide tomar nove ondas
antes de que saia o día
e levarédes con vosco
as nove follas da oliva.

(romance popular)