Nova web de tecnoloxía

3 Maio 2012
web tecnoloxía

A comunidade educativa do IES Asorey contará a partir de agora cunha nova web para desenvolver os contidos e as actividades da aula de tecnoloxía.

Un grupo de profesoras e profesores do IES Francisco Asorey desenvolvimos neste curso un grupo de traballo co fin de crear unha nova web para o departamento de tecnoloxía. Instalamos o noso propio Moodle e creamos unha aula virtual, enlazada á web, na que poderemos ir introducindo os contidos. Será accesible ao profesorado, alumnado e pais e nais. Os contidos poderán ir indistintamente en castelán, galego ou inglés.

Podes coñecela en www.iesfranciscoasorey.com/departamento
Grupo de traballo:

- Mª José Carballo Vázquez
- Mercedes Barco del Río
- Ricardo Paredes Pampín
- Suso Bao Vidal
- Fernando Vázquez Pontevedra
- Susana Oubiña Falcón