Nova terapia contra o Alzheimer
Unha nova investigación comprobou os efectos da Estimulación Cerebral Profunda estimulando os núcleos basais de Meynert, relacionados coa memoria.
Nos núcleos basais de Meynert concéntranse importantes niveis dun neurotransmisor que transmite información entre neuronas e está implicado no rendemento cognitivo. Para observar o que ocorría coa neuroestimulación dos núcleos basais de Meynert seleccionáronse a seis pacientes, todos con diagnóstico de deterioro cognitivo moderado tirando a severo.
A intervención quirúrxica consiste en introducir electrodos a través de dúas incisións nos núcleos basais de Meynert. Unha vez introducido esta especie de marcapasos, compróbase para ver se ten efectos adversos a voltaxes altos e despois introdúcese a batería e os cables de conexión.
Os pacientes con Alzheimer que reciben estimulación profunda do cerebro mostran un descenso menos pronunciado na capacidade cognitiva en comparación cos pacientes que non se someten a este tratamento.
Aínda que a melloría é discreta, o que demostra este traballo, é que ao non producir efectos adversos, os núcleos basais de Meynet poden ser unha diana de tratamento nun futuro. Mentres tanto un grupo de investigadores está traballando xa con 40 persoas con Alzheimer, uns medicados e outros estimulados.
Por outra banda, tamén se están realizando estudos co citalopram, que revela como un antidepresivo de uso común, diminúe os niveis de beta amiloide en humanos xoves sans con Alzheimer. Neses traballos analizaron unha asociación entre a duración do uso de antidepresivos e a carga amiloide nos cerebros dos voluntarios de idade avanzada. A nova investigación proba o efecto do citalopram nos niveis de amiloide no líquido cefalorraquídeo dos suxeitos sans xoves.
Noutro experimento, 23 suxeitos humanos sans de 18 a 50 anos recibiron 60 mg de citalopram. Quen tomou citalopram presentou unha concentración de beta amiloide un 38% máis baixa que os que recibiron outra sustancia. Tamén se reduxo a nova produción de proteína no grupo tratado con citalopram.
Agora, propuxéronse estudar a acción do antidepresivo en maiores de 65 años. O desenvolvemento de enfoques terapéuticos seguros e eficaces que poidan reducir a produción de líquido cefalorraquídeo con beta amiloide, pode previr un dano neuronal.