Nova lanzadeira espacial
A NASA realizou o pasado mes de decembro o primeiro voo de proba da cápsula Orión, a lanzadeira espacial concibida en 2005 e retirada no 2011.
De forma cónica e deseñada para levar astronautas máis lonxe do que xamais se fixese, Orión recorda ás cápsulas Apolo que no seu día levaron ao ser humano á Lúa; iso si esta nova capsula é un terzo máis grande que as Apolo. Tales dimensións permitiranlle acoller entre dous e seis tripulantes durante 21 días, máis tempo que ningún outro.
O voo programado para este mes terá unha duración de catro horas, lanzarase dende Cabo Canaval e levará a nave a unha órbita terrestre baixa, aínda que sen astronautas a bordo. No primeiro voo de ensaio espacial, sen astronautas a bordo, o prototipo Orion afastarase ata 5.800 quilómetros da superficie terrestre (A Estación Espacial Internacional está en órbita a uns 420 quilómetros de altura) cumprindo case dúas órbitas arredor da Terra antes de volver entrar na atmosfera terrestre. Percorrerá en total 96.600 quilómetros e tamén servirá para comprobar se as cubertas do foguete se desprenden como deben, se os paracaídas se abren e se o escudo térmico resiste os 2.000 graos celsius da reentrada na atmosfera, pero á parte destas referencias tamén se probara se o sistema de seguridade para os astronautas funciona corrrectamente, saíndo despedidos da nave, se se produce un problema no lanzamento ou no ascenso do foguete, e a separación do módulo de servizo, antes da reentrada na atmosfera e finalmente tamén se verificarán os sistemas de guiado, os ordenadores da bordo e os paracaídas que o frearán ao final, antes de caer á auga.
Orion, debe estar lista cara a 2017 ou 2018 para voos automáticos e debería achairar o camiño para que, en 2021, unha misión tripulada visite un asteroide próximo. O obxectivo final consiste en chegar a Marte, unha viaxe que Orión efectuará amarrada a un módulo habitable adicional.
A NASA considera a nave Orion, como un paso cara ás futuras viaxes de astronautas a Marte. “Nun futuro non moi distante, os astronautas destinados a ser os primeiros humanos que camiñen por Marte, sairán da Terra nunha nave Orion”, asegura a NASA nun comunicado.
Pero para isto aínda haberá que esperar, xa que nin o goberno nin a NASA presentaron por agora un plan solido para poder levar esta gran viaxe a Marte, xa que non hai a suficiente confianza para financiar este proxecto polo de agora.
Máis imaxes no enlace: