Nova esperanza na cura do cancro de colon

Dúas vías de ingestigación abren posibilidades fronte a terceira forma de cancro máis frecuente
12 Outubro 2014
flora bacteriana intestinal

O cancro de colon, ou cancro colorrectal, é a terceira forma máis común de cancro e unha das causas máis importantes de morte, deixando cada ano 639.000 mortes. O tratamento é polo xeral quirúrxico e en moitos casos seguido por quimioterapia.

Un grupo de investigadores do Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB) do Consello Superior de Investigacións Científicas(CSIC), foron capaces de reducir drasticamente o desenvolvemento de tumores e a inflamación do colon en ratóns, identificando dúas proteínas,  p38γ e p38δ, e eliminándoas. Non se soubo ata agora que estas proteínas estaban implicadas neste tipo de enfermidades.

Analizando con detalle o mecanismo detrás deste descubrimento, observouse que estas dúas proteínas regulan tanto o reclutamento de células do sistema inmune aos focos de inflamación, coma a produción de citoquinas (proteínas que regulan a función das células que as producen).

Este descubrimento de que asproteínas p38γe p38δinflúen no cancro de colon, son posibles dianas terapéuticas no tratamentodo cancro.

A flora intestinal (ou microbiota) ten un potencial biotecnolóxico enorme, xa que no noso intestino habitan un millar de especies de bacterias diferentes, con máis de tres millóns de xenes, que cumpren un gran número de funcións. A microbiota pode pesar ata 2 kg e as súas bacterias teñen unhas 150 veces máis xenes que o xenoma humano. Cumpre funcións desde axudar ao corpo a asimilar alimentos non dixeribles ata producir vitaminas ou combater agrións doutros microorganismos

fases cancro colon

Fases da evolución dun cancro de colon

.Durante estes últimos anos, os científicos están a centrarse en reunir esta cantidade de datos xenéticos en bases públicas, para así identificar e seleccionar aqueles que teñan propiedades antitumorais e antiinflamatorias, sintetizalos e ensaialos in vitro para nun futuro atopar novos tratamentos contra a enfermidade, ou incluso curala.