Nova especie invasora detectada en augas galegas

Trátase do camarón esqueleto xaponés
3 Maio 2014
Caprella mutica

O camarón esqueleto xaponés, de nome científico de Caprella Mutica, é unha especie orixinaria do  mar de Xapón, este crustáceo colonizou en moi pouco tempo varias zonas costeiras do norte de Europa, sendo esta, a primeira vez que se detectou en augas galegas.

É un pequeno crustáceo que xeralmente non supera os 50 mm, posúe unha capacidade de adaptación moi notable e ademais tamén é capaz de reproducirse moi rápido e colonizar áreas moi afastadas do seu hábitat natural e isto convérteno nun invasor moi eficiente.

As colonias de Caprella Mutica mostran un maior numero de femias que de machos, isto débese a que os machos loitan entre eles, para defender as femias, dando lugar a unha elevada  mortalidade masculina. Tamén os Caprella Mutica machos grandes son máis vulnerables aos seus depredadores.

Diversas colonias do crustáceo invasor foron localizadas polos membros do Grupo de Estudo do Medio Mariño (GEMM) en diversos puntos da Ría de Arousa, principalmente asociadas a estruturas flotantes como bateas e gaiolas de cultivo de peixes.

Os investigadores advirten que a presenza das colonias trae como consecuencia trastornos aos cultivos sobre os que se asenta o camarón esqueleto xaponés. E tamén principalmente no caso dos bivalvos, pola competencia de alimento e polo efecto de peche dos moluscos o que lles ocasiona un gasto extra de enerxía, e isto acurta o tempo que dispoñen para alimentarse.

 

Mapa das areas e rutas de invasión de Caprella mutica

Localización das áreas de distribución e rutas de invasión de Caprella mutica