Nova especie descuberta e xa en perigo de extinción

Atopan un primate descoñecido ata agora, pero con unha poboación moi escasa
10 Maio 2015
Tití de Milton

Recentemente, nunha rexión da selva amazónica descubríuse unha nova especie de mono, este foi bautizado como o tití de Milton, facendo homenaxe ó primatólogo brasileño Milton Thiago de Mello.

As súas características básicas, como ben podemos apreciar na imaxe, é que son grises, con colas dun laranxa brillante e patillas de cor ocre. Viven nas árbores, ao igual que outras especies de titís, aliméntanse de froita e a súa estructura familiar é unha parella e as súas crías. Na seguinte foto, podemos apreciar as súas diferenzas con outros titís:

Tipos de tití

A pesar de ser coñecido dende non fai moito, xa se atopan en perigo de extinción, pois son pouco numerosos, non saben nadar e non teñen as condición adecuadas para pasar por terreos montañosos. Ademáis, na rexión na que se atopan, o grao de deforestación é alto e o número de incendios vai en aumento, o cal tamén é unha ameaza.

Un dos científicos que realizou o seguimento desta especie, declarou: “A selva está ameazada como nunca e será necesario traballar duro -non só os conservacionistas, senón tamén o Goberno e todos os sectores da sociedade- para asegurarnos de que este ecosistema forestal pode continuar albergando unha ampla biodiversidade e axudando a regular o clima do noso planeta”.