Nova especie descuberta entre algas vermellas en augas de Mallorca

A pesares da súa aparente abundancia e non fora descrita ata agora
23 Marzo 2016
Speologobius llorisi

Un equipo internacional de investigadores descubriu nas Baleares unha nova especie de peixe que, a pesar da súa aparente abundancia, non fora descrita ata agora. A nova especie foi catalogada grazas á4 colaboración do Centro Oceanográfico de Baleares (Instituto Español de Oceanografía, IEO), do Museo de Historia Natural de Rijeka (Croacia) e do Departamento de Ictioloxía do Bavarian State Collection of Zoology de Múnic (Alemaña).

A especie foi bautizada como Speleogobius llorisi, en honra ao ictiólogo Domingo Lloris. Trátase dun góbido pertencente ao xénero Speleogobius, do cal só se describiron dúas especies ata agora, ambas no Mediterráneo. O seu pequeno tamaño, xa que apenas chega aos tres centímetros de lonxitude total, e a súa cor vermella, fan que a especie se mimetice ben cos fondos de algas vermellas.

Fondos de maerl

Fondos de maerl

A pesar de que esta especie non foi coñecida ata agora, parece ser frecuente e relativamente abundante nas Illas Baleares, especialmente nos fondos de Peyssonnelia e maerl. A súa descrición, publicada na revista Zootaxa,  é importante para mellorar o coñecemento da biodiversidade mariña do Mediterráneo occidental e, en particular, destes fondos de algas vermellas, considerados hábitats esenciais para o mantemento das poboacións de peixes.  Ademais, tamén mellora o coñecemento da  ecoloxía dos fondos de maerl, que  recibiu pouca atención con respecto a outros ecosistemas mariños, e actualmente protexidos por leis internacionais ambientais e pesqueiras.