"El Niño" máis temido
El niño, cuxo nome científico é Oscilación del Sur El Niño, é un fenómeno meteorolóxico bastante imprevisible que produce unha inversión da situación normal da zona do pacífico ecuatorial debido ó debilitamento dos ventos alisios, que fai que a masa de auga quente das proximidades de Australia chegue á costa de Sudamérica.
En Australia trae consigo grandes secas e incendios, e en Sudamérica fortes chuvias, inundacións e gran diminución da riqueza das augas porque deixan de aflorar augas frías ricas en nutrientes.
Este fenómeno tivo unhas consecuencias moi importantes no ano 1998, tanto a nivel económico, como social e natural.As inundacións e avalanchas destruíron miles de vivendas e decenas de hospitais, e, xunto ca seca (nas áreas afectadas víronse danados ou incluso destruídos os sistemas de auga potable e alcantarillado) e as enfermidades que trouxo consigo, tamén un aumento da mortalidade en Ecuador, Perú e Bolivia especialmente. Estas inundacións e avalanchas de lodo destruíron tamén cerca de 17,000 km de estradas, camiños, así como pontes e outras estruturas, o que afectou ó transporte tanto de mercadoría como de pasaxeiros.
Como se mencionou anteriormente, este fenómeno tamén tivo un importante impacto no medio ambiente, favorecido ademais pola acción do home debido principalmente á deforestación e á erosión do solo, que aumentou o caudal e os sedimentos arrastrados ata as zonas que foron inundadas. Ademais o aumento das temperaturas e dos ventos fixo aumentar a extensión e gravidade dos incendios nas zonas de seca, que destruíron por completos enormes extensións de bosque. Nos arrecifes do Pacífico provocou unha gran mortalidade do coral pola gran sensibilidade destes ós cambios de temperatura, e os que non chegaron a morrer quedaron completamente brancos pola perda das zooxantelas. Esta situación trouxo consigo un completo desequilibrio do ecosistema, xa que os corais foron substituídos por outras algas, o que trouxo consigo un aumento desmesurado dos peixes que se alimentaban destas algas, xunto cunha desaparición progresiva dos que se alimentaban dos corais. Aínda que pareza mentira, os animais máis afectados por estas situacións foron os peixes que ocupaban os lugares máis altos da cadea trófica, é dicir, os que non se alimentaban de algas, corais ou zooplancton, se non de outros peixes máis pequenos. Por sorte, logo de que esta situación finalice, os ecosistema tenden a volver ó seu estado natural nun proceso denominado autoregulaciónpero que pode durar anos, décadas ou incluso séculos.