Ñame, a planta dos anticonceptivos

8 Novembro 2014
ñame

O ñame é un cultivo de gran importancia social e económica, especialmente para os países en desenvolvemento situados nos trópicos.

Cultívase sobre todo en África, O Caribe, Asia e Oceanía, onde é unha importante fonte alimenticia.

Pertence á familia Dioscoreaceae da que se coñecen entre 600 e 900 especies, das que 60 teñen valor económico; 25 alimenticias, 15, medicinais (nove especies son moi importantes para a produción de hormonas sexuais e cortisona) e seis ornamentais. As partes que se aproveitan son os tubérculos.

No mundo cultívanse 5,5 hectáreas e a produción é duns 253 millóns de toneladas.

O seu cultivo é dunha gran importancia para o mantemento da agricultura como fonte de alimento e de ingresos nos países con maiores necesidades económicas e nutricionais.

Os maiores produtores a nivel mundial son os países tropicais africanos, en especial, Nixeria, Costa de Marfil e Gana (91% da produción).

Úsanse principalmente para a alimentación, como fonte importante de carbohidratos; para a produción de pensos para animais, a fabricación de edulcorantes de frutosa e de almidón, para a produción de fármacos, a fabricación de plásticos biodegradables e material de sutura...