Na busca da "irmá xemelga" da Terra

3 Maio 2012
xemelga-Terra

Hai vida noutros planetas? Existen os extraterrestres?

Estas preguntas supuxeron, dende a revolución científica, a creación de numerosos filmes, libros, incluso sectas. Sen embargo, estas preguntas seguen estando na mente de milleiros de científicos.

Recentemente, un equipo internacional realizou un estudio onde se descubriu que existen milleiros de planetas rochosos semellantes en forma á Terra que representan o 80% da Vía Láctea. Moitos destes planetas atópanse próximos ó Sistema Solar.

Para realizar esta investigación, os científicos buscaron enanas vermellas, por ser moi comúns e lonxevas e, a partir delas, descubriron que orbitando ó redor delas había numerosos planetas. Para poder vislumbralas, utilizouse o espectrógrafo “Harps”, un instrumento que se atopa no telescopio de3,6 metrosde ESP en Chile.

A raíz destas observacións, o científico Xavier Bonfils indica que o 40% das enanas vermellas teñen una “súper-Terra” orbitando na súa zona habitable, é dicir, na zona que permite a existencia de auga líquida sobre a superficie do planeta.

A conclusión á que se chega finalmente é de simple lóxica, se na Vía Láctea hai 160 mil millóns de enanas vermellas, entón tamén hai miles de millóns de planetas coas características antes citadas.

Tomando como mostra unha selección dos ceos australes composto por 102 enanas vermellas, atopáronse nove súper-Terras, que son planetas con masas unha ou dúas veces maiores que a Terra. Dous destes planetas atópanse na zona habitable. Con estos datos, os astrónomos puideron estimar o peso e a distancia á estrela arredor da que orbitaban.

Existen moitas estrelas enanas vermellas preto do Sol, polo que, a distancias menores de 30 anos luz, pode haber sobre cen súper-Terras nas zonas habitables destas estrelas. A zona de habitabilidad ó redor dunha enana vermella é aquela que ten as condicións idílicas para que poida existir auga líquida na superficie. Esta zona dase en planetas que están máis preto da enana vermella, do que a Terra está con respecto ó Sol (debido a que as enanas vermellas son máis frías e pequenas).

Sen embargo, a existencia de vida non é tan doada, pois estas enanas vermellas están sometidas a continuas erupcións estelares ou labaradas, inundando ó planeta de raios X ou radiación ultravioleta, que dificultarían a vida en dito planeta.

Ata o momento o planeta máis parecido á Terra que se atopou é o denominado Gliese 667 Cc, que é catro veces máis pesado que a Terra e que con toda seguridade ten as condicións idílicas para a existencia de auga líquida na superficie.  

Para poder facer un estudio máis exhaustivo deste planeta, é necesario seguir investigando e utilizando instrumentos como o “Harps”, para así poder estudiar a atmósfera e buscar signos de vida.

Sen embargo, aínda que finalmente se chegue á conclusión de que existe vida nun destes planetas, non serán monstruos devora humáns con cinco ollos e seis brazos ou graciosas personaxes coma ETE, senón que serán seres microscópicos que aínda non evolucionaron.