Morcegos de papiroflexia
3 Febreiro 2012
Aproveitando que estamos no Ano Internacional dos Morcegos promoñémosvos facer unha silueta dun morcego para colgar do teito.
Cada un pode facer un tipo de morcego distinto, con ás curtas e anchas ou máis longas e estreitas.
MATERIAIS:
Utilizaremos principalmente, e sempre que poidamos, materiais reciclados, por exemplo cartón ou cartolina, tetrabricks, palliñas, palillos ou algo semellante. Tamén precisarás: cordón, tesoiras, pegamento e pinturas.
COMO FACELO:
Debuxa a silueta do morcego no cartón escollendo a medida que queiras. Logo utiliza os palillos ou palliñas para simular os osos das ás do morcego e pegaos pola parte inferior.
Finalmente fai un furadiño na parte central preto da cabeza para colgalo do teito coa axuda dun cordón.