Montenegro

7 Septembro 2014
Montenegro-río Tara

Montenegro (Crna Gora/Црна Гора) é un país montañoso situado nos Balcáns, no costa do mar Adriático que acolle importantes valores naturais.

Unha pequena nación cunha superficie de 13.812 km2 e algo máis de 616.000 habitantes

A paisaxe é moi variada: unha estreita faixa litoral cunha costa moi accidentada, mesetas rochosas, unha depresión e altas montañas. Destacan os Alpes Dináricos onde a maioría dos cumes superan os 2.000 m. Os ríos forman profundos canóns. A gran variedade de releve e climas fai que existan diversos ecosistemas: bosques caducifolios, bosques mediterráneos (na costa) e bosques mixtos de montaña.

ESPAZOS PROTEXIDOS DE MONTENEGRO:

-Parque nacional Biogradska Gora: montañas, bosques naturais, lagos glaciares

-Parque nacional e Patrimonio da Humanidade Durmitor: macizo de Durmitor (2.522 metros de altitude), canóns dos ríos Tara, Sušica e Draga e a parte alta da meseta de Komarnika. O canón do Tara, con 80 km de lonxitude e 1.300 m de profundidade está considerado, polo seu tamaño, a segunda formación xeolóxica deste tipo no mundo, despois do canón do río Colorado. O río Tara tamén está protexido como Reserva da Biosfera.

Montenegro-mapa

-Parque Nacional e humidal RAMSAR lago Skadar

-Parque Nacional Lovćen: áreas de montañas que caen sobre o lago Skadar cunha flora moi variada e numerosas especies endémicas.