A montaña Uluru

18 Maio 2014
Uluru

O monte Uluru (Ayers Rock) é unha montaña-illa de arenita que se atopa no centro de Australia. Chama a atención polos seus cambios de cor ao longo do día e das estación, segundo recibe os raios solares.

É un dos maiores monolitos do mundo, con máis de 348 m de altura (863 sobre o nivel do mar) e 9,4 km de contorno. É un lugar sagrado para os aborixes australianos e desde 1987 é Patrimonio da Humanidade.

Ademais do seu grande interese paisaxístico e cultural acolle unha gran biodiversidade de flora e fauna típica dos terreos áridos de Australia. Destaca a presenza de 77 especies de réptiles.