Un móbil, unha vida

29 Abril 2014
móbiles

Cantos de vos cambiáchedes de móbil ou de ordenador portátil polo simple feito de ir á moda ou por querer ter sempre o máis novo ou mellor?

Moitos de nos tiramos sen necesidade aparatos electrónicos, sobre todo móbiles e monitores de PC, tanto por antigos como por un simple raspuño ou fallo. En todo o mundo, de por medio, xéranse ao redor de 20.000 e 50.000 toneladas de desfeitos electrónicos.

Os motivos polos que nos desfacemos tan rapidamente dos dispositivos electrónicos son principalmente causados por ofertas, tarifas e pola curta vida destes. Un cuestionario feito no 2007 pola cadea The Phone Housec calculou que os programas de puntos e ofertas para cambiar de operadora móbil fai aos españois facerse cun móbil novo cada 12 meses, e incluso en menos tempo. E, pasaron os tempos en que un televisor para ser bo debe de estar no salón dunha casa un mínimo de dez anos (agora apenas chegan aos catro anos de vida). Todo isto é provocado por unha sociedade consumista, na que nos bombardean de anuncios onde nos convencen de conseguir o máis novo dicíndonos que é mellor que o que tiñamos, incluso, en ocasións, chegando a mentir. É moi común falar da obsolescencia programada, que consiste na caducidade programada posta polos fabricantes dos produtos, para que estes se avaríen antes (obviamente, despois de que pase o tempo da garantía) e así obrigarnos a comprar outro novo e eles ter máis beneficios.

chatarra electrónica

Televisores, móbiles, lavadoras e placas bases, son acumuladas en illas (sobre todo en zonas dos países pobres) e centrais especializadas onde agardan a ser tratadas. A estes, sepáranselle os compoñentes contaminantes, e o resto recíclanmo, que normalmente adoita ser un 80%. O material reciclado servirá para fabricar novos produtos, mentres que os materias contaminantes son tratados debidamente, xa que poden xerar enfermidades moi graves. En zonas pobres onde se atopan cemiterios electrónicos, como en Ghana, non se poden  permitir tratar axeitadamente estes produtos, por isto, teñen que traballar os compoñentes a man, polo que a maioría deles teñen unha menor esperanza de vida.