Un mes de inundacións
As chuvias que caeron no mes de xaneiro en Brasil deixaron máis de 700 mortos e douscentos desaparecidos, producíronse inundacións, movementos de terras... Segundo o alcalde de Rio de xaneiro “é a maior catástrofe da historia”.
En Australia as chuvias torrenciais que cairon durante mes e medio produciron inundacións nun terreo equivalente a Francia e Alemania xuntas. Causaron riadas no estado de Brisbane de ata 5,2 mde altura. En Queensland houbo 12 mortos e máis de 200.000 dannificados. Está considerada a peor catástrofe da historia de Australia con perdas de máis de 13.000 millóns de dólares. Os sectores máis afectados son a agricultura a mineiría e o turismo. Miles de persoas quedaron sen casa.
Segundo os meteorólogos a causa destas catástrofes é “La Niña” que tamén provocou as inundacións do verán pasado en Pakistán, as dos últimos meses en Filipinas (con 51 mortos e 470.000 afectados) e as de Sri Lanka onde as inundacións de xaneiro desprazaron a 800.000 persoas.
Os fenómenos coñecidos como “El Niño” e “La Niña” son exemplos das oscilacións climáticas globais que afectan a circulación dos ventos Alisios do leste na atmosfera baixa e os do oeste na atmosfera superior na zona do Pacífico Tropical. As dos ultimos anos están sendo máis intensas do habitual polo que algúns meteorólogos pensan que pode ter relación co quecemento global do planeta.
“La niña” (fenómeno frío) correspóndese co enfriamento anómalo das augas superficiais do océano Pacífico Ecuatorial Central e Oriental (ata as costas do Perú), como mínimo0,5ºC por debaixo do normal durante un mes. Os ventos alisios intensifícanse a arrastran a auga superficial quecida polo sol cara ao SE de Asia e N de Australia.
Danse condicións máis secas do normal sobre o Océano Pacífico Ecuatorial Central. Ten lugar cada 2-7 anos e xeralmente dura de 12 a18 meses. O actual episodio de “La Niña” pode prolongarse ata mediados de 2011.
Entre decembro e febreiro prodúcese un aumento das chuvias no NE do Brasil e baixada de temperaturas no verán na rexión SE; aumento do frío na costa oeste dos Estados Unidos e aumento da chuvia na costa leste de Asia e do frío en Xapón.
Entre xuño e agosto produce un inverno árido na rexión sur do Brasil, o aumento da calor na costa oeste de América do Sul; frío e chuvias no Caribe e aumento das temperaturas e chuvias no sureste de Asia e en Australia.
“El Niño” chámase así por producirse no Nadal e coincidir co nacemento de Xesús.
caracterízase por temperaturas oceánicas máis quentes sobre o Océano Pacífico Ecuatorial. Prodúcese un cambio no movemento das correntes mariñas na zona intertropical provocando que augas cálidas, procedentes do Hemisferio Norte se despracen ao hemisferio sur dando lugar a grandes evaporacións e con ela abundantes chuvias que provocan riadas. O fenómeno sucede cada 3-8 anos.
En América do Sur e Central produce períodos moi húmidos e inundacións, en Asia períodos de seca.