Merengue mariño

10 Abril 2013
escuma1

Este curioso fenómeno prodúcese no mar de forma esporádica e resulta moi espectacular.

Eu observeino na Guarda no 2000 e fixen as fotos que vos achego na presentación.

Noutros lugares, como podedes ver nas imaxes collidas da Internet (Nova gales do Sul, USA), resulta moito máis espectacular e a xente aproveita para divertirse.

Segundo algúns expertos débese ao efecto conxunto do sal mariño, as algas desfeitas (especiamente o fitoplanto), secrecións de peixes, materia orgánica en descomposición que son elevados polo efecto das correntes mariñas ao mesmo tempo que a auga do mar se mestura con gran cantidade de aire por efecto da axitación dos temporais.

Fórmase esa escuma tan consistente, que recorda ao merengue, pola cohesión entre as burbullas que se produce por efecto das substancias mesturadas coa auga do mar.

escuma