Mellorando o biodiésl. Os acetais

29 Marzo 2014
biodiesel-acetal

Os acetais son uns compostos químicos que están presentes en moitos viños. Cando os acetais se mesturan co biodiésel, melloran as súas propiedades.

Un grupo de investigación do Departamento de Enxeñería Química e Medio Ambiente da Escola de Enxeñería de Bilbao está a traballar nun proxecto que trata de impulsar o uso deste combustible tan pouco común. O foco da investigación é producir acetais dun xeito máis sinxelo e barato.

O punto de partida da investigación é o alcohol obtido de plantas ricas en azucre ou a glicerina, un subproduto do biodiésel, o cal é tamén un tipo de alcohol. O biodiésel derivado do petróleo aínda que posúe mellores propiedades biodegradantes, resulta peor que o derivado das plantas dende o punto de vista do potencial enerxético e a contaminación.

Os acetais obtéñense por reacción dun alcohol e un aldehido, e xéranse de maneira natural nos procesos de fermentación. Cando se engaden aos combustibles, os acetais melloran as propiedades do biodiésel xa que a combustión é máis eficaz e contamínase menos (incrementa o rendemento do motor).

É fácil producir acetais nun laboratorio, pero o proceso a nivel industrial é máis complicado. Experimentouse con alcohol derivado das plantas ricas en azucres e coa glicerina, sendo ambos alcohois de orixe renovable. A glicerina obtense como subproduto da reacción para conseguir biodiésel. Emprégase sobre todo en cremas e cosméticos, pero é difícil dirixir toda a glicerina obtida na reacción para este uso. É por isto polo que adquiren importancia os acetais. Os acetais baseados en glicerina transmiten mellores propiedades ao biodiésel en comparación cos alcohois derivados de plantas ricas en azucre. Empregando técnicas de laboratorio, estes investigadores demostraron que é posible obter un rendemento do 100% na reacción do biodiésel. As súas investigacións demostran que é factible a produción de acetais derivados da glicerina, aínda que é un proceso complicado a nivel industrial.