Medicina do futuro
A medicina rexenerativa pon de obxectivos a curación de enfermidades sen tratamento, a rexeneración de tecidos danados pola vellez, a creación de órganos ou a solución a trastornos xenéticos. Quen sabe se poderán curar a propia vellez.
Baséase no uso de células madre de distinta orixe que derivan a outro tipo de células especializadas substituíndo tecidos enfermos ou danados.
Mostrouse eficaz para curar varias enfermidades como a hemofilia ou a anemia de Fanconi. De feito, estas mesmas células son capaces de xerar órganos como o fígado, o ril ou o cerebro en ratos. Esta é unha promesa para poder facer, no futuro, transplantes ou enxertos do noso propio corpo, os cales non serán rexeitados, para reparar partes danadas dun tecido, ou tamén para probar fármacos específicos para enfermidades propias deses órganos. É dicir, non se terían que volver a utilizar cobaias humanas nos laboratorios para testar e aprobar un fármaco.
A enxeñería de tecidos, desenvolve órganos bioartificiais no laboratorio para remprazar aqueles que non funcionan ou non existen. Estes órganos fabrícanse con biomateriais e células vivas para repoboar esa estrutura. Uanthony Atala xa logrou desenvolver vexigas, uretras e tecido eréctil.
Outro gran campo desta medicina é a terapia xénica, dos xenes, que consiste en inserir un xene nunha célula para substituír ou bloquear un xene defectuoso ou ausente nesta. Poderíanse así curar as enfermidades hereditarias como o cancro. Con esta terapia xe se puido curar a patoloxía dos nenos burbulla. Outro uso máis frecuente é para marcar una célula para poder seguir súa evolución.
En Massachusetts conseguiuse crear orellas artificiais. En animais, onde máis se avanzou, púidose crear corazóns, pulmóns e dentes; se rompemos os dentes xa non teríamos que pagar por remprazalos por uns falsos.
Quizais algún día enfermidades dexenerativas incurables como son o Alzheimer, o Parkinson ou o cancro teñan un remedio eficaz.