Marzo 2014
Non sería moi correcto, pero podiamos dicir dunha forma vulgar que a natureza renace.Todo isto é porque as plantas están brotando e florecendo: os fiunchos, os piñeiros e moitas outras plantas aínda están brotando; pero hai moitas outras como os chuchameles, as margaridas, os trebos, os bidueiros, os dentes de león e as aberiotas que xa están en flor. Logo tamén hai plantas en plena reprodución como os fentos e o musgo (que están coas esporas).
Nos animais tamén podiamos dicir o mesmo. Os peixes por exemplo xa poñen os ovos. As bolboretas e as xoaniñas xa se comezan a ver, volven algunhas aves migratorias e marchan outras...
As persoas xa terminan de parrear os viñedos porque xa empezan a agomar
Neste mes os días son máis longos e as noites son máis curtas e o día 21 comeza a primavera. Comeza a facer bo tempo inda que, bueno, o mes comezou moi chuvioso, sobre o día 10 a temperatura subiu e nas horas centrais do día facían 20ºC, pero xa a finais de mes volveu o mal tempo.
En xeral, no mes de marzo todo revive.