Marzo 2012

4 Abril 2012
Marzo

Marzo é o terceiro mes no noso calendario e o primeiro no antigo calendario romano. O seu nome deriva do deus romano Marte, o deus da guerra e do comercio.

Neste mes remata o terceiro trimestre e comeza a primavera. Florecen as verduras, os pampullos, os carballos, os pexegueiros, e, en xeral moitas flores dos campos. Os paxaros buscan parella e comezan a facer os niños. Saen os insectos, os lagartos e as rans.

Este ano o mes de marzo foi moi seco e caluroso. Nalgúns días en Galicia rexistráronse as temperaturas máis altas de Europa. Na nosa zona o día de máis calor foi o 25, con 25,2 ºC e o de máis frío o 19, con 4,12 ºC. Só choveu catro días e o día que máis chuvia se recolleu foi o 4, con 12, 5 l/m2.

Se queres ter máis información sobre o tempo deste mes:

http://meteoroloxia.climantica.org/

http://www.meteogalicia.es/datosred/infoweb/meteo/docs/novas/Seca_invern...