Marzo 2011
Marzo é o terceiro mes do calendario gregoriano e ten 31 días. A pedra de marzo é a augamariña e a súa flor o narciso. O 21 de marzo comezou a primavera (equinocio de primavera) e tamén foi o Día da Árbore. O día nove comezou a Coresma, tamén chamado mércores de Cinzas.
Florecen as figueiras e outras árbores froiteiras e moitas plantas do campo. As tartarugas e as rans acaban de invernar. Moitos animais crian. No campo cávanse a terras, póñense as patacas e outras hortalizas.
Os días medraron 50 minutos e as temperaturas foron máis agradables. O día máis quente foi o 20 (22,7 ºCde temperatura máxima) e o máis frío o 18 (5,5 º de mínima). Dominou o vento do nordeste chegando a unha racha máxima de de66,24 km/ho día 22. Choveu 14 días cun total de 87,l.
A noticia máis destacada deste mes foi o terremoto de Xapón que foi seguido dun tsunami que deixou moitas víctimas e problemas de contaminación radioactiva.