Marie Curie en Madrid
O pasado Marzo, os alumnos e alumnas de primeiro de bacharelato A fomos de excursión a Madrid, e visitamos o museo de “Ciencias naturais”.
Durante a visita, atopamos unha exposición moi interesante para o alumnado de ciencias sobre Marie Curie, un percorrido pola vida e obra desta pioneira e gañadora de dous premios Nobel.
Maria Salomea Skłodowska-Curie (1867-1934), naceu en Polonia onde pasou a súa infancia e xuventude. Máis tarde viviu en París onde estudou física na facultade de ciencias matemáticas e naturais, na universidade da Sorbona.
Por un lado, o percorrido expositivo pretende achegar ao público a muller que foi pioneira en alcanzar moitas metas: ser doutora en ciencias físicas, profesora universitaria, académica, gañadora do premio Nobel, e a primeira persoa que o obtivo en dúas ocasións. Por outro invita a enfocar a mirada na persoa que se atopa baixo a personaxe, destacando a súa xenerosidade, o seu sentido do compromiso e a solidariedade demostrada na guerra de 1914, así coma a súa entrañable entrega a Polonia, o seu país de orixe, e a Francia, o seu país de adopción.
Foi a descubridora do radio e o polonio.
Estudou as follas radioactivas, en particular o uranio en forma de pechblenda, que tiña a curiosa propiedade de ser máis radioactiva que o uranio que se extraía dela. A súa explicación foi supoñer ca pechblenda contiña anacos dalgún elemento moito máis radioactivo que o uranio.
O primeiro, en 1898, foi o nomeado polonio en referencia a seu país nativo. O polonio foi o primeiro elemento químico que recibiu o seu nome por razóns políticas.
En 1902 presentan o resultado e invitanlles a todas as sedes científicas e a todas as cenas e reunións sociais, o que lles leva á fama. Tanto Pierre como Marie prestan todas as súas investigacións sen querer lucrarse delo mediante patentes, un feito que é aplaudido por todo o mundo.
Ao longo da súa vida Mari Curie recibiu dous premios Nobel: En 1903, xunto co seu esposo Pierre e Henri Becquerel, obtivo o premio Nobel de física, por medir a radiación contida no uranio. No ano 1911 foi agasallada co premio Nobel de química, debido ao descubrimento do radio e do polonio, o aislamento do radio e o estudo da natureza deste elemento.