A marea do século
Hai máis 2000 anos, os caldeos percatáronse de que cada 223 lunacións completas (período que transcorre entre dúas fases iguais da Lúa) a Terra, o Sol e a Lúa se aliñaban, gardando entre eles a distancia mínima posible.
Esas 223 lunacións completas equivalen a 18 anos e once días, e é o ciclo que durante séculos se utilizou para predicir os eclipses. Ademais dos eclipses, con esta mesma regularidade prodúcese outro fenómeno extraordinario, unha marea excepcionalmente elevada.
A chamada “Marea do século” rexístrase cada 18 anos e once días no Mont Saint Michel, en Francia, e anega todos os campos que rodean este peñón.
Ao mencer, o mar recorreu con pasmosa velocidade os máis de 10 km de distancia aos que se atopa cando a marea está baixa. Esperábase que a iso das 20:00 horas a marea acadase a súa cima máxima (119 puntos nunha cima de escala máxima de 120), que segundo os expertos podería chegar aos 14,5 metros, o equivalente a 14 pisos. Nesta zona, o nivel do mar subirá a unha velocidade de 3,60 metros nunha hora, uns 90 cm cada 15 minutos.
A última “ marea do século” ocorreu o 10 de marzo de 1997, e para contemplar a seguinte teremos que esperar ata o 3 de marzo de 2033.