Como manter fría a bebida sen frigorífico?
Tradicionalmente, e de forma intuitiva ou por experiencia, a xente sabe que se pode manter a bebida fría envolvéndoa nun pano mollado ou metida nun porrón de barro.
A explicación científica está no gasto de enerxía que fai a auga ao cambiar de estado líquido a gasoso.
O porrón é un recipiente de barro cocido poroso, deseñado para beber e conservar fresca a agua. Tamén hai deseños decorativos. Ten dous buratos: boca, o máis ancho, polo que se enche, e picho, o máis estreito, polo que se bebe. Na parte superior leva unaha asa. O exemplar máis antigo documentado na Península Ibérica é da cultura argárica (Idade do Bronce) e foi atopado na necrópole de Puntarrón Chico (Murcia).
COMO FUNCIONA: A auga almacenada fíltrase polos poros da arxila e, en contacto co ambiente seco exterior, evapórase produciendo un enfriamento, para o que absorbe enerxía calorífica da auga do interior
Por que un pano mollado mantén fría a bebida?. Podemos manter unha botella fría, incluso a pleno sol, se se envolve nun pano ou unha toalla mollada. Este curioso fenómeno débese a que a tea mollada está suxeita a unha contínua evaporación da auga que contén. O cambio de sólido a gasoso da auga precisa unha notable absorción de calor, aproximadamente 540 calorías por gramo, e absorbe parte desa calor da botella e o seu contido, polo que se mantén moito máis fresca que o entorno.
.