Mandato feminino no maior ámbito da física mundial

3 Decembro 2014
Fabiola Ginaotti

“O CERN é un centro de excelencia científico, así coma unha fonte de orgullo e inspiración para físicos de todo o mundo. Tamén é a cuna da tecnoloxía e innovación, fonte de coñecemento e educación, así coma un exemplo de paz e cooperación científica mundial. É a combinación de todo esto o que o converte en único, nun lugar que fai mellores centíficos e mellores persoas.” É con estas palabras como describe o CERN Fabiola Ginaotti.

Gianotti, a física experimental de partículas, ten 52 anos, e leva máis de 25 traballando no laboratorio europeo e nos seus máis exitosos programas, incluído o LHC,o  acelerador de partículas con maior enerxía ata agora, dende os seus inicios.

Esta muller xa con experiencia en coordinación e dirección de grandes equipos científicos foi portavoz do experimento ATLAS, entre 2009 e 2013, no que traballaron máis de 3.500 expertos de decenas de países; en xullo do 2014 anunciou o histórico descubrimento do bosón de Higgs; e  supuxo o triunfo de miles de físicos e enxeñeiros traballando no LHC e na culminación de medio século de búsqueda desa partícula elemental, esencial para axudar a explicar a orixe da masa nas partículas que a teñen.

A física aclara que é unha gran honra ligada a unha gran responsabilidade ser a directora desta gran institución, e di que o seu labor como primeira directora do CERN será animar a xóvenes mulleres a implicarse na investigación fundamental, ademais, explica que unha fortaleza do CERN é que sempre deu a benvida á diversidade de idade, xénero, culturas, e comprométese a estar atenta para que as mulleres teñan as mesmas oportunidades que os homes.

Fabiola Ginaotti-1