Máis que froitos
Un recente estudo demostra que o consumo habitual de froitos secos aumenta a esperanza de vida, é dicir, as persoas que consumen sete ou máis racións de froitos secos á semana teñen un 20% menos de probabilidades de morrer a causa de enfermidades cardiovasculares, cancro ou afeccións respiratorias.
O estudo, protagonizado pola Universidade de Harvard, con participación doutras institucións estadounidenses, está publicado na revista científica británica New England Journal of Medicine, e está subvencionado por Institutos Nacionais de Saúde (NIH son as súas siglas en inglés)
Un dos estudos máis longos da historia que inclúe datos de 118.962 persoas sans, é dicir, individuos que non tiñan antecedentes de enfermidades cardiovasculares ou de infarto no momento de inicio do estudo, e tamén tomaron datos sobre a súa dieta, o seu estilo de vida e o seu estado de saúde no inicio do estudo. Das 118.962 persoas, 76.464 eran mulleres de idades entre os 34 e os 59 anos e cuxa participación durou 30 anos (1980-2010) e 42.498 eran homes con idades entres os 40 e 75 anos cuxa participación durou 24 anos (1986-2010). Os participantes eran sometidos a tests bianuais que tiñan que cubrir cos seus hábitos e as cantidades de froitos secos inxeridos en racións de 28 gramos.
Así demostraron que comendo estes alimentos nunha proporción de sete ou máis racións semanais diminúe nun 29% o risco de falecer por enfermedades cardiovasculares, nun 11% de falecer por cancro respecto aos que non consomen prácticamente este producto. Ademáis destas propiedades, estas persoas mantéñense máis delgadas, xa que as persoas que consumían este tipo de alimentos eran máis propensas a facer máis deporte, consumir máis fruta e verdura e pola contra menos fritos, inxerir menos alcohol e fumar menos.
Ademáis desto, os expertos levaron a cabo buscas nos certificados de mortandade nos distintos condados e a nivel nacional. Os resultados revelados polo estudo eran que os que consumían froitos secos menos dunha vez por semana experimentaron unha reducción da mortalidade nun 7%, un 11% os que os tomaban unha vez por semana, os que tomaban froitos secos dúas a catro veces á semana unha reducción dun 13%, dun 15% para as persoas que tomaban entre cinco ou seis racións e unha diminución dun 20% nas persoas que tomaban sete ou máis racións de froitos secos. Con anterioridade, outras investigacións demostraran que o aumento no consumo deste alimento reducía o risco de padecer enfermedades cardiovasculares, diabete tipo 2, cancro de colon, cálculos biliares e diverticulite. Tamén se observou unha redución dos niveis de colesterol, estrés oxidativo, inflamación, adiposidade e resistencia á insulina.
Non importa o tipo de froito seco, xa sexa de terra ou procedente de árbores e como esté preparado, forneado, salgado ou crú, todos eles teñen efectos similares na redución da mortalidade, co cal, podedes gozalos como máis vós guste, aínda que sempre sen pasarse e sobretodo tendo especial atención cos salgados e doces.