Maio marceiro
A nosa cultura popular ten gran cantidade de refráns para todo tipo de situacións. Para o tempo que houbo esta primavera hai un moi acaído: “marzo maieiro, maio marceiro”, ou “cando marzo maiea, maio marcea”.
No mes de marzo todo o mundo pensaba que xa estabamos no verán, as praias estaban cheas de xente e os labregos e as persoas que “miran pola natureza” quexábanse da seca e da falta de chuvias. Os encoros estaban nos mínimos, despois dun inverno de seca e repetíanse os incendios por toda Galicia. Houbo un predominio de tempo anticiclónico con altas presións, seco, quente e estable. Fixo un algo de frío a primeira e a última semana e o resto as temperaturas por riba do normal. Chegáronse a rexistrar31,7ºC en Ferreira de Pantón o día 27. Choveu moi pouco. Nalgún lugares, como zonas de Valdeorras non choveu nada en todo o mes e no sitio que máis auga se recolleu (Lousame) contabilizáronse só65 litros.
Pola contra, en maio fixo frío e choveu. Os encoros enchéronse de novo
Este ano maio foi un mes moi revolto. Tivemos temporais, días de frío e días de moita calor. Déronse diferencias de temperatura de 10 graos de un día para outro. O día que fixo máis calor foi o 31, en Leiro (Ourense) acadáronse 38,4ºC(na nosa zona 29,5 ºC). A temperatura máis baixa deuse o día 1 en Cabeza de Manzaneda, -3,7 ºC( na nosa zona 9,3 ºCo día 20). No lugar que menos choveu fíxoo 10 días e no que máis 21 (na nosa zona 15 días). O sitio onde se recolleu máis chuvia foi na Muralla con 314 l/m2, recolléndose no día 8 ata 96,5 l/m2. Na nosa zona recolléronse 102 l/m2 en todo o mes. Os primeiros días do mes houbo un forte temporal (Kenie) con ventos de máis de100 km/h.
.
Informe climatolóxico do mes de marzo (Meteogalicia)
http://www.meteogalicia.es/datosred/infoweb/clima/informes/estacions/mensuais/2012/201203_gl.pdf