Madeira
O primeiro que chama a atención ao achegarse á illa de Madeira é o seu aeroporto rodeado de montañas e construído, en parte, enriba do mar.
Logo, percorrer a illa po unha autovía construída a base de túneis e viadutos para poder salvar os enormes desniveis do seu relevo.
Con máis vagar podemos perdernos polas estradas locais que nos levan por pequenas vilas da costa e do interior e gozar de vistas espectaculares nos cantís que caen a pico sobre o mar ou nos profundos cavorcos nos que se colgan as casas.
Hai numerosas rutas que nos conducen por distintos espazos naturais ou polas antigas levadas de auga para coñecer máis a fondo a exuberante natureza. E en calquera dos numerosos xardíns botánicos podemos contemplar a gran diversidade de plantas, tanto autóctonas como cultivadas.
Madeira é un pequeno arquipélago portugués formado por dúas illas (Madeira e Porto Santo) e varios illotes (Illas Desertas e Illas Salvaxes). A illa de Madeira é a máis grande, cunha superficie de 741 km2. Todas as illas son de orixe volcánica cun releve abrupto e unha altitude máxima de1862 m no Pico Ruivo. As rochas dominantes son os basaltos e as lavas. Contan cunha pooación de 260.000 habitantes que viven da agricultura, a pesca e o turismo.
O máis destacado da natureza de Madeira é o bosque de laurisilva declarado Patrimonio da Humanidade en 1999. Ocupa unha área de15.000 ha, das que 12.000 están protexidas como Reserva Natural. Está formado por árbores da familia das lauráceas acompañados de gran diversidade de especies.
A mellor época para visitar Madeira é na primavera pola exuberancia da súa floracións, aínda que hai flores todo o ano.