A lontra, un habitante dos nosos ríos

4 Maio 2011
lontra

A lontra (Lutra lutra) é un mamífero carnívoro que pode acadar ata12 kg de peso e 69 cm de lonxitude, cunha cola de 40 cm. Os machos son máis grandes que as femias.

Ten o corpo alongado cuberto dun pelo moi tupido que lle permite desenvolverse perfectamente na auga ao estar impregnado dunha graxa que o impermeabiliza. A cor é castaña coa gorxa, as meixelas e a parte superior do peito de cor gris crara. A cabeza é ancha e aplanada coas orellas curtas e redondeadas. Ten catro patas, as posteriores palmeadas. A dentadura é forte a adaptada a comer carne. Aliméntanse sobre todo de peixes, crustáceos, pequenos mamíferos...

As lontras poden vivir en todo tipo de hábitas acuáticos: ríos, lagos, encoros, e ata na costa. Ás veces vense polas escolleras pescando. Evitan as zonas contaminadas. Atópanse en toda Galicia

Son de hábitos nocturnos, aínda que tamén se ven no crepúsculo e incluso polo día. Góstalles enredar e dar voltas na auga.

lontra m

Lontra atropelada na rotonda da saída da vía rápida, o 22 de abril. Medía 100 cm, dos que 38 eran cola.