Llamas contra o VHI

28 Xaneiro 2015
llamas

A busca dunha vacina eficaz contra o SIDA segue a ser unha prioridade para os científicos e curiosamente atoparon un inesperado aliado que podería axudarlles a conseguilo: trátase da llama.

A meirande parte das vacinas funcionan inducindo unha resposta inmune basada en anticorpos neutralizantes, que se unen a un virus e interfiren na súa capacidade para infectar as células e no caso do VIH os científicos están buscando unha vacina segura e eficaz. Porén, un estudo realizado por Laura McCoy, investigadora do University College de Londres, descubriu que unha combinación de anticorpos destes mamíferos pode destruir unha ampla gama de virus circulantes do VIH.

Moitos anticorpos neutralizantes diríxense contra unha parte específica do virus, o cal se une ás células CD4 do sistema inmune e atácaas facendo que o organismo perda defensas e sexa moito máis vulnerable ás enfermidades, é dicir, sofre o síndrome de inmunodeficiencia adquirida ou sida. Os investigadores identificaron catro anticorpos neutralizantes de llama que se dirixen a distintas zonas desa parte do virus e cando se utilizan en combinación son máis potentes.

llamas-VHI

Para os científicos o máis importante é que este traballo pode axudar a desenvolver unha futura vacina contra o VIH en humanos. Deste xeito poden “entender mellor cómo o sistema inmune responde á vacinación”, apunta Laura McCoy. Ábrese incluso a posibilidade de inxectar os anticorpos para protexer da infección, aínda que isto debe ser estudado antes porque podería provocar unha reacción adversa do organismo.

Así e todo, advirten de que estes resultados aínda están lonxe de poder extrapolarse ao ser humano. En primero lugar, porque os anticorpos de llama son xenéticamente moi distintos e en segundo lugar, porque a pesar de que os anticorpos neutralizantes se atoparon en todos os exemplares inmunizados, as concentracións foron demasiado baixas como para pensar nunha vacina realmente eficaz contra o virus.