A lingua dos animais
A lingua dos animais e moi importante, sérvelles para apagar a sede, alimentarse, comunicarse ou limpar ás crías cando nacen.
A lingua é un órgano muscular situado na parte interna da boca da maioría dos animais vertebrados. Ten múltiples funcións, axuda a procesar os alimentos, serve de soporte ás papilas gustativas (sentido do gusto), axuda na emisión de sons, limpa, captura alimentos…
A lingua máis longa é a do morcego Anoura fistulata que se alimenta do néctar das flores (mide unha vez e media a lonxitude do seu corpo). A máis potente é a da saramaganta Bolitoglossa dofleini, que a pode lanzar cunha potencia de 18.000 vatios por kg de músculo. A máis rápida é a do camaleón que funciona como unha catapulta que pode acadar unha aceleración de ata 50º m/s. A lingua da xirafa é multiusos, pode medir máis de 50 cm e empregaa para arrancar as ponlas das árbores (incluso con espiñas) ou para limpar as orellas. A tartaruga almiscleira de Australia (Sternotherus odoratus) emprega algunhas papilas da lingua para extraer osíxeno da auga o que lle permite permanecer mergullada varios meses.