Lembranza de Neira Vilas

28 Novembro 2015
Neira Vilas IES Asorey 2011

A noite do 26 de novembro finou en Vila de Cruces un dos homes que máis contribuíron a divulgar a cultura galega e a dignificar o orgullo de ser labrego.

Neira Vilas estivo no noso centro en maio de 2011 con motivo de celebrarse o cincuenta aniversario da publicación  na Arxentina do libro “Memorias dun neno labrego”. O alumnado de 1º de ESO C fixo un traballo sobre este libro. Despois de ler os distintos capítulos, escolleron  párrafos relacionados coa natureza e buscaron imaxes para ilustralos. Montamos unha pequena exposición e un libro-mural.

 “Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre".

Así comeza O libro máis lido da historia da literatura galega, e tamén o máis traducido.

Neira Vilas 2011 IES Asorey

Un pequena novela convertida nunha obra da literatura universal que chegou á súa trixésimo primeira edición e que foi traducida a numerosos idiomas: castelán, inglés, francés, alemán, ruso, chinés, sueco, catalán, eusquera, búlgaro, maia, esperanto... e foi tamén editada en sistema braille. En 2009 acadou os 600.000 exemplares vendidos.

O libro conta a vida dun rapaz da aldea dos anos 1920-30. Balbino, un neno labrego  de familia pobre que no seu caderno escribe as súas inquedanzas e aventuras e critica  as inxustizas da súa dura vida.

Xuntamos unha presentación e un video dos traballos feitos en 2011.