A Lei de Acuicultura e as súas posibles consecuencias

O borrador foi finalmente retirado tras a oposición unánime do sector marisqueiro
26 Marzo 2016
Afloramento na Ría de Vigo

As rías galegas son ecosistemas de afloramento de augas ricas en nutrientes e, polo tanto, cunha alta importancia pesqueira. Iso dá pé a que as costas galega sexa unha das zonas pesqueiras máis importantes do mundo. Asemade atraen multitude de turistas polas magníficas vistas e praias.

A costa noroeste da península é o límite superior do sistema de Afloramento do Atlántico Noroeste, que trae augas dende o sur de Dakar ata o norte da Península Ibérica. A costa galega ten un réxime de ventos estacionais que marca a entrada dalgunhas desas masas de auga no interior das rías. Así, no momento de afloramento, que prevalece na primavera e verán, as augas entrantes na ría proveñen da  Augas Centrais do Atlántico Norte; que son augas frías, que se moven en profundidade e con altas concentracións de nutrientes, como nitratos. Pola contra, no outono e inverno, a costa galega está dominada pola Corrente Ibérica Polar, que é de auga salgada, quente e exterior á costa. Cando a  Augas Centrais do Atlántico Norte dominan na costa, que é nos momentos de alta luz e de afloramento de primavera e verán, entran nutrientes nas rías e favorécese o crecemento do fitoplacton; co cal, hai unha alta produción primaria dos ecosistemas das rías galegas. Pola contra, durante o inverno, a auga da Corrente Ibérica Polar que entra nas rías aumenta a salinidade da auga e provoca a redución da concentración de nutrientes. Isto acentúase pola entrada de correntes fluviais chegadas dos ríos.

Gaiolas salmón

A dinámica de afloramento domina desde Fisterra ata o sur, as rías Baixas, e é máis frecuente e intensa durante a temporada de abril a setembro. Porén, o afloramento nas rías centrais e do norte é máis descontinuo e menos intenso. De feito, mentres que nas rías Baixas esta entrada é case continua, as rías da Costa Ártabra nunca teñen entradas de augas das Augas Centrais do Atlántico Norte no seu interior. Por iso, as rías Baixas son sistemas de produción primaria neta positiva; e as rías centrais e do norte son sistemas de produtividade intermedia.

O intento de implantación de lei de acuicultura pretendía incorporar as nosas rías galegas a peixicultura intensiva. Este método de produción  trata dun monocultivo no que un peixe carnívoro, como é o salmón ou o ollomol, utiliza moluscos ou algas para intentar reducir a contaminación producida polas gaiolas nas que se crían. A lei autoriza todo tipo de especies a cultivar, incluso foráneas, e di en que zona das rías se producirán.

Rañeiros

As consecuencias que traería la implantación desta lei para as nosas rías galegas serían múltiples e desfavorables. A acuicultura multitrófica integrada reúne nunha mesma instalación varios cultivos de especies dos distintos escalóns das cadeas tróficas como peixes, moluscos e algas.

Tomando referencia dos lugares como Chile, onde se implantou a peixicultira intensiva podemos ver que ao alimentar estas novas especies con pensos, ao redor dun 75% do nitróxeno, fósforo e carbono ingresado ao sistema por medio do alimento, pérdese como alimento non capturado, fecas non dixeridas e outros produtos de excreción. Destes elementos, o fósforo acumúlase principalmente nos sedimentos que se atopan baixo as gaiolas. Estes depósitos de materia orgánica nos sedimentos baixo as augas producen un efecto significativamente negativo na biodiversidade da zona. Outro dos elementos liberados ao medio é o nitróxeno, este a diferenza do fósforo, permanece en maior proporción disolto na columna de auga. Demostrouse que o aumento das concentracións de amonio (composto nitroxenado produto da excreción dos peixes) nas proximidades das gaiolas tradúcese nun maior crecemento de microalgas. Tamén podemos relacionar o aumento de fitoplacton tóxico coa presenza de sistemas de cultivos.

mariscadoras

Por outra banda, en Chile demostrouse que existe unha relación directa entre o aumento de pulsos de dinoflaxelados e a presenza de centros de cultivo de peixes. En consecuencia,os antecedentes indican que a incorporación de nutrientes ao medio e a produción do fenómeno de eutrofización causan cambios na diversidade: desequilibrio das relacións tróficas no medio pola perda do control que exercen os organismos consumidores; incremento na intensidade e frecuencia de floracións algales.

Cando os peixes son cultivados en altas densidades e de forma intensiva, sofren extrés debida á manipulación, o que fai que se deprima o seu sistema inmunitario, volvéndose máis vulnerables a sufrir problemas de saúde. Debido a isto, para poder alcanzar as tallas de colleita con baixas taxas de mortalidade, son tratados con diversos antibióticos. O perigo da aplicación de altas cantidades de antibióticos son os efectos colaterais destes medicamentos, posto que modifican a flora bacteriana no ambiente, afectando a conservación da biodiversidade mariña e mesmo podendo repercutir sobre a saúde humana. Isto débese a que o uso indiscriminado de antibióticos xera cepas de bacterias resistentes a eles e, por tanto, capaces de producir certas enfermidades, ante as que quedamos sen tratamento efectivo.

Finalmente, co fin de protexer as gaiolas de invertebrados e algas utilízanse compostos denominados xenericamente como “antifouling” (antiincrustantes). Estas sustancias teñen compoñentes tóxicos, tales como o cobre. No fondo, baixo as balsas gaiolas, atopouse unha gran concentración de cobre, elemento que se correlaciona negativamente coa biodiversidade de organismos microscópicos que habitan nos sedimentos.

https://www.youtube.com/watch?v=nbafaB-RudU