Lagoas de Villafáfila

Xea
3 Febreiro 2012
Villafáfila

Aproveitando que o 2 de febreiro celebrouse o Día Mundial dos Humidais propoñémovos unha visita ás lagoas de Villafáfila, unha área protexida na provincia de Zamora de doado acceso e excelentes servizos para os visitantes.

Podemos dar paseos de moitos quilómetros ou observar de perto as aves nun espazo acondicionado con numerosos miradoiros.

A época ideal é no inverno, cando hai máis abundancia de aves de zonas húmidas como gansos, avefrías, demos negros, parrulos de moitas clases... e, nas proximidades as, cada vez máis escasas, avetardas. Esta visita ten dous momentos especiais, á tardiña, cando chegan os bandos de gansos que pasaron o día alimentándose nos campos, e o mencer, cando saen.

SITUACIÓN: Castela-León, no NO da provincia de Zamora, na comarca de Terra de Campos.

COMO CHEGAR: está indicado desde Benavente

TIPO DE PROTECCIÓN:

Reserva Natural, LIC, ZEPA (Zona de Especial protección para as aves), Humidal Internacional RAMSAR.

SUPERFICIE PROTEXIDA:32.541 ha.

CONCELLOS: Cañizo, Cerecinos de Campos, Manganeses dela Lampreana, Revellinos, San Agustín del Pozo, San Martín de Valderaduey, Tapioles, Villafáfila, Villalba dela Lampreana, Villárdiga e Villarín de Campos.

PRINCIPAIS VALORES: ecosistemas lagunares salinos e estepa cerealista, aves acuáticas, avetardas, elementos etnográficos (pombeiros).

Villafáfila-m