As lagoas de Ruidera
É un espazo natural protexido que se atopa na Comunidade Autónoma Castela-A Mancha (provincias de Cidade Real e Albacete), no curso alto do río Guadiana.
Está formado por un conxunto de quince lagoas situadas ao longo do val do río Pinilla, separadas e conectadas entre sí por barreiras de de toba nas que se forman fervenzas que conectan as lagoas superiores coas inferiores.
Foi declarado Parque Natural en 1979 cunha superficie de3.772 ha. Tamén foi declarada Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) en 1988 e Reserva da Biosfera “A Mancha Húmida” en 1981.
Destaca a presenza de plantas acuáticas (utricularia) e algas pouco comúns, as lontras e numerosas aves acuáticas (alavancos, garzas reais e imperiais, corvos mariños, distintos tipos de parrulos, galiñolas, somorgullos...) de estepa (avetardas) ou típicas do bosque mediterráneo (tartaraña, bufo real...).
Dentro dos límites do parque atópanse tamén o encoro e castelo de Panarroya, as rúínas do castelo de Rochafrida, a casa do Rey, na vila de Ruidera e a famosa cova de Montesinos, onde Cervantes fixo pasar unha noite a Don Quixote.