Lagarteiro peneireiro, ave galega do ano 2012
4 Abril 2012
Este ano, a Sociedade Galega de Ornitoloxía escolleu ao lagarteiro peneireiro como Ave do Ano en Galicia coa intención de chamar a atención, como en anos anteriores, sobre algunha das especies da nosa avifauna que merece que ten problemas de conservación.
O lagarteiro común é unha rapina de pequeno tamaño moi ben distribuída por toda Galicia pero que está a reducir o seu número polo deterioro dos seus hábitas.
Nos últimos doce anos as poboacións deste pequeno falcón diminuíron un 32% en España, o que supón a desaparición de miles de lagarteiros dos nosos campos. E para coñecela mellor achegamos unha pequena presentación feita por dúas alumnas de 1º ESO C.