A iuca ou mandioca, un alimento de importancia mundial
A iuca ou mandioca é un arbusto perenne de entre 1 e 3 m de altura que se cultiva nos países de clima tropical para aproveitar as súas raíces e supón a base alimenticia dunha gran parte da poboación mundial.
A maior produción de iuca no mundo concéntrase no continente africano, particularmente en Nixeria, o Congo e Ghana. Séguenlle o continente asiático con Tailandia e Indonesia. Finalmente Brasil encabeza os principales produtores de iuca de en américa latina e o Caribe
Ten moitos usos: como alimento (directo ou preparados a base de fariña ou tapioca), extracción de almidóns para aplicacións industriais, biocombustibles, plásticos, febras, pegamentos, cosméticos, medicina…
Un aspecto a destacar é que as raíces resultan velenosas se non se someten a un proceso para eliminar as substancias tóxicas. Ese veleno é o ácido cianhídrico que está presente en todas as raíces en maior ou menor cantidade. Cando ten máis de 50 mg dese ácido , considérase que é doce e comestible, sen embargo a maioria das iucas son inofensivas porque o veleno que teñen e altamente soluble e volatil ao estar exposto ao calor.